Venres. 19.04.2024
El tiempo

Primeiras accións formativas dun Coworking de Carballo que xa funciona a pleno rendemento

Coworkers en Carballo
Coworkers de Carballo
Primeiras accións formativas dun Coworking de Carballo que xa funciona a pleno rendemento

Xa está a pleno rendemento o Coworking Carballo. Esa iniciativa que ofrece un espazo de traballo cheo de sinerxias para novos emprendendores, realizou xa a súa primeira sesión formativa.

Foi a semana, os días 20 e 21 en horario de 19:00 a 21:00 horas, cando o Coworking Carballoorganizaba un curso denominado “Estratexia Creativa para Emprendedores”, impartido por Andrés Queijo, Enxeñeiro carballés Cofundador de Belanders.

As prazas, 10 (aforo máximo permitido polas normas Covid establecidas), foron rápidamente cubertas polos usuarios, dado o interese que xerou o contido da formación: a creación dun modelo de negocio.
Así, o éxito das 2 xornadas nas que se repartiu esta formación e as solicitudes dos usuarios, fixo que, dende a coordinación do Coworking se tomase a decisión de ampliala unha xornada mais.
Esa nova xornada será hoxe martes, día 27/10/2020 en horario de 17:00 a 19:00horas, nas instalacións de formación do Forum Carballo (Aula 5).

Un programa completo

O programa formativo xeral vai enfocado a aumentar o coñecemento e o desenvolvemento de ferramentas da xestión empresarial de caracter transversal, válidas para todo tipo de proxectos empresariais, e que se establece nas bases reguladoras do Coworking como un Servizo de Apoio ó Emprendemento.

As accións formativas van dirixida, pois, tanto ós usuarios das instalacións do Espazo Coworking Carballo, como a aqueles outros que, sen ser aínda usuarios con plaza, se mostraron interesados nos distintos servizos que o Coworking ven prestando.

Novas relacionadas

Comentarios