venres. 22.05.2026
El tiempo

O profesorado bergantiñán xa conta coa nova unidade didáctica da Costa da Morte

Profesorado de Bergantinos coa Unidade Didactica da CMAT
Profesorado de Bergantinos coa Unidade Didáctica da CMAT
O profesorado bergantiñán xa conta coa nova unidade didáctica da Costa da Morte

Despois da presentación en Corcubión, a A CMAT presentou en Carballo a nova unidade didáctica da Costa da Morte aos centros educativos de Bergantiños. A Escolas do Xardín Agra de Caldas recibiu numerosos profesores para amosarlles esta ferramenta educativa que tén como obxectivo final é que os máis novos coñezan mellor a Costa da Morte, valoren a súa riqueza natural e cultural e se convertan nos mellores embaixadores do territorio.

O acto foi aberto polo alcalde de Carballo, que puxo en valor a importancia deste tipo de iniciativas para seguir fortalecendo o vínculo entre o territorio e as novas xeracións, destacando o papel da educación á hora de fomentar o coñecemento, o respecto e o orgullo pola contorna propia.

Profesorado de Bergantinos coa Unidade Didactica da CMAT 1


A asociación sinalou tamén que todos aqueles centros educativos que non puideron asistir ás presentacións recibirán nos próximos días unha circular informativa con toda a documentación e información necesaria para poder acceder e utilizar a unidade didáctica.

Durante os encontros, moitos docentes coincidiron en sinalar o interese de contar con ferramentas deste tipo, que permiten achegar os nenos e nenas á súa propia contorna a través dun aprendizaxe máis próximo, contextualizado e conectado coa realidade do
alumnado, fomentando ademais o traballo por proxectos e a participación activa nas aulas.

De feito, desde a CMAT destacaron que algúns dos centros que asistiron á primeira presentación en Corcubión xa lles trasladaron que comezaron a utilizar a unidade nas aulas, unha noticia que a entidade recibiu con especial ilusión ao comprobar a rápida posta en marcha do recurso educativo.

Comentarios