Luns. 09.09.2024
El tiempo

Protestan polo mal estado das vías e dos parques infantís de Sofán

Protestan polo mal estado das vías e dos parques infantís de Sofán
Estado do Parque Infantil de Sofan

Aseguran dende o PP carballés que lles están chegando “queixas dos veciños de Sofan tanto polo lamentábel estado de conservación das vías municipais nesta parroquia como por que aínda non se comezou co desbroce de ditas vías”.
Non entenden dende o grupo da oposición que “rematando xa o mes de agosto, aínda non comezara o desbroce nesta parroquia, o que nos fai preguntarnos si este Concello ten algún plan de desbroce ou este se leva a cabo de forma totalmente improvisada dende o goberno municipal”.

Denuncian igulamente o “mal estado de conservación da área de ocio “Braña do Muíño” en Sofán, coas instalación en estado de completo abandono e incluso pontóns a vista co perigo que iso supón”, sinalando que “a única papelería que hai está rota sen que o Concello dea solucionado o problema”.

Aproveita Miguel Ferreiro Suárez, voceiro do PP carballés, para denunciar que “tras 11 anos temos un goberno sen ideas e instalado na desidia e deixadez”. E de paso, lanza un dato: “aínda que Carballo e a undécima Vila de Galicia en número de habitantes, adíente os demais no ranking de ser o sétimo municipio galego en número de veciños na emigración”.

Loita de marquesiñas

Paralelamente, o Concello de Carballo vén de instalar esta no lugar de Queo da Estrada, parroquia de Bértoa. Deste xeito, o grupo de goberno lanza un aviso á administración galega: “Seguimos á espera de que a Xunta, responsable do servizo, instale unha definitiva”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do PP de Carballo e do Concello de Carballo.
  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios