Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O proxecto Europeo ACADAS reúnese en Grecia baixo a coordinación de Aspaber

Foto ACADAS-GRECIA
Reunión do proxecto ACADAS en Atenas
O proxecto Europeo ACADAS reúnese en Grecia baixo a coordinación de Aspaber

Estes xoves 16 e venres 17 reúnense en Grecia os membros do Comité Directivo do Proxecto ACADAS. Un proxecto coordinado pola Asociación Aspaber enfocado á escolarización das persoas con diversidade funcional.

Ademais da entidade carballesa, participan tamén entidades de Irlanda, Grecia, Turquía, Italia e Croacia, coa finalidade analizar e intercambiar boas prácticas en prevención, intervención e seguimento de persoas con discapacidade en particular risco de abandono escolar prematuro (AET). Para iso, estes días realizaron unha análise exhaustiva que axude a obter unha imaxe de conxunto sobre os aspectos nos que os sistemas educativos da UE non satisfán as necesidades destes grupos.

A análise utilizarase como unha ferramenta que servirá para todos transferir a carga de responsabilidade dos/as estudantes con discapacidade cara a aqueles actores con competencias educativas e sentará as bases do involucramento de toda a comunidade escolar para reducir o abandono escolar prematuro.

Se ben o proxecto arrincaba en 2019, a pandemia impedíu as reunións presenciais ata agora, pero mantiveron ocontacto durante todo este tempo. Fixeron por exemplo unha equisa sobre colectivos con discapacidade con especial risco de sufrir AET dirixido a pais/nais e persoal educativo para identificar mecanismos de seguimento do risco de AET en persoas con discapacidade (políticas, execución en centros destas e outros indicadores de resultados).

En Atenas dedicáronse a recompilar as mellores ferramentas para a detección temperá; a planificar e organizar dun programa de capacitación intensiva sobre os mecanismos de expulsión, así como para recoñecer os logros e homologación de resultados educativos en persoas con discapacidade en especial risco de AET.

Ademais de compartir os bos resultados do seu proxecto “As tres lentes”, a comitiva carballesa tomou boa nota das boas prácticas realizadas noutros países para desenvolver unha folla de roteiro dirixido a decisores políticos, cos pasos necesarios para a homologación de logros educativos a nivel da Unión Europea e alianzas necesarias para conseguilo.

F1-ACADAS GRECIA-The Three Lenses

As principais conclusións das xornadas son:

  • Aumentar o número de enquisas destinadas aos pais, que sendo estas breves e sinxelas servan para aumentar a mostra.
  • Fomentar iniciativas locais.
  • Colaborar entre equipos multidisciplinarios (entre rehabilitación e colexios).
  • Importancia da COVID-19 no abandono escolar prematuro.
  • A ensinanza e a distancia como un factor de risco.

Novas relacionadas

Comentarios