Puri Soto repasa o potencial arqueolóxico de Bergantiños
Puri Soto é unha recoñecida arqueóloga, que ademais de participar activamente en numerosas intervencións arqueolóxicas, é consciente da importancia que ten a divulgación da riqueza patrimonial do noso país. Nos últimos anos centro o se traballo nos concellos de Arteixo e A Laracha, sobre todo nas campañas levadas a cabo no castro de Montes Claros, durante as que se obtiveron importantes descubrimentos como fragmentos de cerámica ibero catalá ou uns depósitos ou pías rupestres para almacenar auga.
Esta investigadora está convencida de que este recinto castrexo, na antigüidade, representou un gran núcleo de poboación do territorio ártabro.
E como o de Montes Claros, ou Santa Baia, Puri quere espallar todo ese potencial arqueolóxico que ten a comarca de Bergantiños. E para iso ofrece unha charla, organizada polo Instituto de Estudos Bergantiñáns este venres 23 de febreiro, ás 20:00h no Casino Carballo. Será presentada por Xan Fernández Carrera.
Máis novas de Arqueoloxía
- A Fundación Brandomil data á "Domus" e busca a "Mansio" do Xacemento Romano.
- Outubro 23: O Consello Director do Parque do Megalitismo da Costa da Morte focaliza os seguintes pasos na difusión.
- Confirman a existencia dun campamento romano sobre o Castro de Santa Baia, “un caso único en Europa”.
- Abril 23: Avanza a segunda escavación do Castro de Montes Claros,