A Fundación Brandomil data á "Domus" e busca a "Mansio" do Xacemento Romano
Este sábado o Concello de Zas e a Fundación Brandomil facían a presentación das últimas novidades arredor do prolífico xacemento romano de Brandomil. O Alcalde de Zas, Manuel Muíño; o secretario da Fundación Brandomil, Enrique Iglesias; e o arqueólogo e director dos traballos, Lino Gorgoso, debullaron as últimas intervencións, e anunciaron as vindeiras.
Nesta cuarta campaña, o impulso máis importante foi a decisión da Fundación de utilizar a proba do Carbono 14 para confirmar a datación. E efectivamente, como pensaban, a “domus” atopada, a habitación descuberta na Pedra do Altar, confirma que tivo dúas fases de ocupación. A primeira data do ano 100, pero é que a segunda datou de apenas 30 anos despois, sobre o ano 130.
Foron queimadas, o que sorprende en relación á que falamos dunha época teoricamente tranquila de máximo esplendor do imperio, pero vese que polo noroeste aínda ficaban os problemas e a vivenda sufría dous incendios en apenas 30 anos, como relata Lino.
”O Xacemento está moi ben conservado”
Gorgoso destaca a boa conservación dun xacemento que está na vangarda do país. “Temos materiais flipantes, da magnitude do de Iria Flavia, o mellor xacemento da provincia, con derámicas de luxo, con decoracións incribles…
Na procura da Mansio
Mentres, a entidade segue na procura da “Mansio”, esa especie de hotel que tiña que estar na zona, que de seguro tivo que ser “un poboado”. “Xa temos a Domus, esa casa romana xenérica, agora temos que buscar ese espazo con habitacións pequenas, un salón grande…” sinala Gorgoso en relación á excavación desta 4º fase que se desenvolve en 2024.
Ademais, as perspectivas son boas, xa que conseguiron que Patrimonio deixe facer un decapado en toda a parcela de Brandomil, para quitarlle 1 metro desa terra que foi traballada nos últimos 100, e a partir da cal xa poderían comezar a aparecer estruturas romanas. A partir de aí, “cunha foto de dron igual xa podemos identifcar algunha estrutura”, albisca esperanzado Lino.
Somos o único municipio da Costa da Morte que inviste activamente en recuperar o seu patrimonio”, sinalou o rexedor Lolo Muíño.
RELACIONADOS
O documental “O Brandomil soterrado” recolle os avances arqueolóxicos
- Brandomil recicla o Nadal.
- O CASTELO DE SAN ANTÓN ALBERGA AS PEZAS ARQUEOLÓXICAS ATOPADAS NUNHA ESCAVACIÓN DO MUNICIPIO CORUÑÉS DE ZAS.
- Descobren un anaco do Camiño Real entre Negreira e Muxía en Brandomil.
-
Os restos arqueolóxicos achados na Pedra do Altar, en Brandomil, estarán visibles moi pronto
-
Novos achádegos nas escavacións do xacemento romano de Brandomil
-
A Fundación Brandomil realiza xa prospección mediante xeorradar da Pedra do Altar
-
Un libro recolle a historia de Brandomil dende o século XII ata o XIX