O Consello Director do Parque do Megalitismo da Costa da Morte focaliza os seguintes pasos na difusión
Despois de dous anos sen apenas avances visibles, coas críticas da SEMESCOM polo retraso, e as propostas do Catedrático Xubilado de Prehistoria da USC Antón Abel Rodrígue Casal sobre a mesa, a Deputación retomaba esta mañá as reunións cos Concellos sobre o proxecto de megalitismo do Parque Arqueolóxico da Costa da Morte. O Consello de Dirección (formado pola Deputación e os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, A Laracha, Laxe, Dumbría, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Ponteceso, Vimianzo, Zas e Coristanco), reuniuse esta semana no Concello de Mazaricos para coñecer o estado actual do proxecto e definir os próximos pasos.
O deputado de Contratación, Patrimonio, e Equipamentos, Xosé Penas, informou que a partida orzamentaria da Deputación para as distinas actuacións alcanza os 200.000 euros, se ben manifestou "o compromiso da entidade provincial para o incremento deste orzamento conforme se vaian acordando as diferentes fases do proxecto".
Próximos pasos enfocados á difusión
Como próximos pasos para dar a coñecer o proxecto acordouse nesta reunión a posta en marcha dunhas xornadas de divulgación e promoción, semellantes ás desenvoltas en 2021, que abarcarán non só aspectos turísticos, senon tamén técnicos e científicos.
Ademais realizaráse unha web específica do Parque do Megalitismo, e procederase á edición de dípticos nos que se detallen os diferentes monumentos existentes e a súa localización.
NOVAS sobre o Parque do Megalitismo
- Novembro 21: Coristanco súmase ao Parque do Megalitismo co dolmen de Chan das Embarradas.
- Xuño 21: Xornadas de Promoción: Pondal fainos reflexionar sobre o potencial do Parque do Megalitismo.
- Maio 21: O Parque do Megalitismo avanza coa organización dunhas xornadas e o acordo para sinalizar os 17 momumentos
- 12-04-21: A Deputación e 10 concellos intentan o impulso definitivo ao Parque do Megalitismo da Costa da Morte tras 20 anos de promesas.
- Decembro 2020: A pandemia tamén provocou o eterno retraso do Parque do Megalitismo.
- Novembro 2018: O Parque do Megalitismo dá pasos concretos.
- Marzo 2018: A Deputación recupera do caixón do esquecemento o Parque do Megalitismo da Costa da Morte:
- 2014: O Parque do Megalitismo da Costa da Morte, 13 anos de quimera.
- Outubro 2011: Pasiño a pasiño co Parque do Megalitismo.
- Xullo 2008: Un paso máis cara a aprobación final do Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte.