Venres. 20.09.2024
El tiempo

Quince alumnos inician o primeiro curso de especialización en soldadura organizado polo concello de Carballo

Quince alumnos inician o primeiro curso de especialización en soldadura organizado polo concello de Carballo
curso-soldadura-carballo Os alumnos realizarán prácticas en empresas ademais das horas de formación Quince alumnos comezaron onte a formarse no primeiro curso de especialización en soldadura que organiza a concellería de Promoción Económica do concello de Carballo conscientes de que montadores e soldadores ou oxicortadores figuran no Servizo Público de Emprego de Galicia como dúas das profesións cunha “ocupabilidade laboral moi alta” e que a Bolsa de Traballo (BDT) de Carballo recibiu durante o ano pasado 40 ofertas. Estes alumnos foron os que acadaron as mellores cualificacións no proceso selectivo realizado dende a concellaría de Promoción Económica. Por diante teñen 616 horas de formación, 100 delas en prácticas en empresas, nas que se prepararán para afrontar o proceso completo de creación dun deseño industrial, incluídos o pulido, o satinado e a montaxe final, mellorando deste xeito as súas posibilidades de inserción laboral. “Este proxecto pretende ser coherente co momento actual e cos requirimentos específicos da realidade do noso mercado laboral no sector do metal”, explicou a tenente de alcalde Milagros Lantes na presentación oficial do curso, na que estivo acompañada polo concelleiro Marcos Trigo. Milagros Lantes expresou que, como consecuencia da minuciosa elaboración do programa formativo, os 15 alumnos teñan moito máis doada a súa incorporación ao mercado ou poidan mellorar o seu emprego. Segundo reflicte a Estratexia Española de Activación para o emprego (EEAE 2014-2016) a soldadura é unha das ocupacións que precisa máis formación. O Fórum Carballo dispón das instalacións óptimas para impartila, xa que conta cun dos mellores talleres. Así mesmo, o metal é un sector con gran potencial de crecemento a curto prazo, pero cun concepto de traballo diferente que require da modernización, a innovación e a profesionalización dos soldadores. Novas relacionadas Fonte

Comentarios