Os Ratiños de Lonxetodo lánzanse ao streaming da Biblioteca Rego da Balsa

15:53 25/11/20
A activa Biblioteca Rego da Balsa non poderá acoller o seus lendarios contacontos. Pero non queren que os seus cativ@s queden sen contos, polo que invitaron aos Ratiños de Lonxedetodo, de Trinketrinke Teatro, a envialos ata todas as casas. A primeira ratiña, Lily Gruyere, xa estivo pola Biblio…
As funcións manteñen un pequeno aforo para nenos de 5, 6 e 7 anos, puidédonse reservar no 981 758 580, dende o mércores anterior a cada función.
Pero esperan chegar a todas as casas coas retransmisións en directo a través das canles de YouTube do Concello de Carballo e da Biblioteca Rego da Balsa, así coma das páxinas de Facebook de Bibliotecas, Cultura Carballo e Concello de Carballo.
Programa
As citas serán ás 17:00 e ás 18:30 horas.:
- 2 de decembro: “Contos para protexer á infancia dos abusos sexuais”
- 3 de febreiro: “Imos inventando contos”
- 17 de febreiro: “Ovos, letras e galiñas”
- 3 de marzo: “A festa da poesía das catro estacións”
- 17 de marzo: “O coelliño branco”
- 31 de marzo: “Paxariños”
- 14 de abril: “Contos para andar o camiño”
- 28 de abril: “Lonxedetodo en festas!”
- 12 de maio: “Os ratiños da caixa”
- 26 de maio: “Viaxe a África”