Razo tamén ten o seu programa de verán

10:03 18/06/22
Continúa vivo o proxecto “Eu quero Razo – Baldaio” co fin de crear hábitos de turismo consciente no litoral de Carballo.
Son varias as entidades (Hábitat, Adega, Senda Nova, Cemma e Ío), que colaboran co Concello para poñer en valor un espazo natural coma este a través de diferentes iniciativas.
A maioría das accións programadas requirirán de preinscrición. Os grupos serán moi reducidos debido á sensibilidade da contorna e ao uso sustentable que queremos promover na mesma.
A grande maioría das accións realizaranse todos os mércores e sábados, ademais de algún domingo puntual. As persoas participantes deberán achegarse polos seus propios medios ao punto onde se desenvolverán as actividades.
