sábado. 09.11.2024
El tiempo

Recollen unha moto, e centos de toallitas, na XII Limpeza simultánea no Río Anllóns

Voluntarios de Senda Nova sacaron unha moto do Rio Anllons
Voluntarios de Senda Nova sacaron unha moto do Rio Anllons
Recollen unha moto, e centos de toallitas, na XII Limpeza simultánea no Río Anllóns

Continúan as limpezas de voluntarios mantendo un pouco máis limpo o noso espazo natural. Uns días son as lmpezas dos fondos mariños. Outras son as Limpezas dos ríos, como na que participaron 14 bravas persoas de Senda Nova no marco da XII edición da Limpeza simultánea de rios organizada por ADEGA.

Unha limpeza que dá conta da cantidade de lixo que sofren os nosos ríos, pois en apenas unhas horas, os voluntarios recolleron 170 kg de lixo do Río Anllóns (no treito entre a Ponte de Bértoa ata o Bosque), entre os que había unha moto, si, unha moto. Unha cantidade moi semellante á do ano pasado, que foi exactamente no mesmo espazo.

Chamou a atención, ademais da moto, a presencia de toallitas, preto dunha canalización que verten ai río, o que dá conta da pouca concienciación da sociedade con esta problemática.

A xornada contou coa colaboración do Concello de Carballo.

Limpando o rio Anllons con Senda Nova

Novas relacionadas

Comentarios