Martes. 23.04.2024
El tiempo

Rematan as obras no pavillón deportivo do CEIP Gándara-Sofán

pavillon-ceip-gandara-sofan
O Concello de Carballo investiu 208.579,69 euros na obreas de reparación
Rematan as obras no pavillón deportivo do CEIP Gándara-Sofán

E unha vez rematadas as obras, o alumnado do CEIP Gándara-Sofán estreou o renovado pavillón polideportivo no que o Concello de Carballo investiu 208.579,69 euros. A empresa Vázquez y Reino foi a encargada de executar as obras que consistiron principalmente na renovación da cuberta e en diversas melloras da instalación deportiva; tales como illamento, nova rede de recollida e evacuación das augas pluviais, substitución do panel metálico da fachada oeste, gradas, novo pavimento, rocódromo, pintura interior e dos campos de xogo e
equipamento deportivo como canastras retráctiles, porterías, etc. 

No exterior do pavillón tamén se instalou unha cuberta que une a renovada instalación deportiva co edificio dedicado á actividade docente. A creación desa pasarela cuberta foi posible grazas á creación dun novo acceso ao recinto escolar, que tamén se acometeu dentro do mesmo proxecto. As obras realizáronse aproveitando as vacacións de verán, e quedaron listas nestes primeiros días do curso.

Comentarios