A renovada comisión do San Xoán prepara as cachelas para o Concurso
Con especial ilusión esperamos este verán as cachelas do San Xoán. En Carballo, un dos grandes epicentros da celebración, xa están a tope. Tras anunciar o Concello a volta dun Rockin'Carballo con “salto de calidade” incluído, a renovada Comisión da Asociación Cultural San Xoán ponse a tope. Aí está ao mando Sergio Varela Fuentes, Gustavo Lorenzo Pena, Roberto Rancaño Lagoa, Inés Rodríguez Muíño, José Antonio Deus Antelo, María Pereira Mariño, Alba Cerqueiro Vázquez e Mª Carmen Pacoret Rey, que xunto á concelleira de Festas, Maruxa Suárez Cotelo, e a técnica de Cultura, Carmen Castro Pombo, completan a comisión organizadora.
Se ben o meollo do San Xoán desenvolverase entre o 21 e o 26 de xuño, xa o 18 temos o Rockin,e a posteriori, o 3 de xullo, volve tamén a Festa do Bosque.
Pero o máis importante sempre son as cachelas, para as que a xente xa está preparando para o concurso. Haberá 2.450 euros para repartir entre premios e subvencións á participación. Podes e inscribirte na Biblioteca Rego da Balsa (981758580). Tes de prazo ata o 20 de xuño.
O Concello tamén busca cartel. Se tes gañas, non dubides en presentar a túa proposta.