O Rockin'Carballo volve pegando un "salto de calidade"

A Festa da Carballeira de Zas; o Festival Vákner, o Asalto ao Castelo, o Castelo Rock; as Carrilanas Esteiro… Que pinta ten este verán na Costa da Morte tras dous anos de parálise cardio-musical.
A todos estes, e os que faltan, se lles volve unir o Rockin’Carballo. O festival, organizado pola Concellaría de Mocidade e ligado ás míticas Festas do San Xoán carballés, xa ten data e cartel. Por agora só nos dan a data, o 18 de xuño, pero teremos que esperar para coñecer as bandas que formarán no escenario neste ano no que o concello, ademais de apostar polas bandas emerxentes da casa, quere dar un “salto de calidade en todos os sentidos”, como indicou a concelleira de Mocidade e Festas, Maruxa Suárez, que tamén parabenizou ao deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende, que marida unha estrella eterna do rock como Janis Joplin coas herbas do San Xoán.
Novas sobre Festivais
- A Festa da Carballeira de Zas volve con Heredeiros da Crus e Rura como primeiras confirmacións.
- Xa dispoñibles as entradas para o Festival Vákner.
- O Asalto e o Festiletras descobren novas actuacións.
- Xa á venda os primeiros abonos para un tremendo Festival Castelo Rock.
- O Festival das Carrilanas Esteiro afiánzase este 2022 como o festival gratuíto máis importante de Galicia.