Venres. 25.09.2020
El tiempo

Rescatan un mergullador na Praia de Razo

Imaxe da praia de Razo
Imaxe da praia de Razo
Rescatan un mergullador na Praia de Razo

A pasada tarde de sábado, arredor das 18:00h, o helicóptero Helimer, e os membros de Gardacostas de Galicia tiveron que acodir a rescatar un mergullador na praia de Razo, en Carballo. Un particular alertaba ao 112 de que o mergullador se atopaba entre unhas rochas na zona da Cabreira con dificultades para saír da auga por culpa dunha intensa ondada.

Finalmente foron os socorristas os que puideron sacar ao home da auga.

Tiña certas lesións polo que houbo que prestarlle asistencia médica e o helicóptero trasladouno ao Aeroporto de Alvedro onde, posteriormente, foi trasladado en ambulancia polos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ata o centro hospitalario de referencia.

Policía Local, Garda Civil, e Protección Civil da localidade tamén foron avisados.

comentarios