Domingo. 13.10.2024
El tiempo

A Ribeira da Pena: O último berro do noso bosque

Estadro critico do bosque da Ribeira da Pena
Estadro critico do bosque da Ribeira da Pena
A Ribeira da Pena: O último berro do noso bosque

As xornadas de Interpretación dos Bosques serviu, un ano máis, para que Senda Nova comprobe o cruento desfacer da Ribeira da Pena. Un dos bosques mellor conservados de toda a Costa da Morte, situado entre Carballo, Cerceda e Tordoia, atópase xa nun estado crítico.

Así o ratificaron máis de medio centenar de persoas (como sempre cheo de rapazada que disfruta e vive a natureza dun xeito inmellorable). “E xa é unha costume e unha constante atopar auténticos navallazos na ecoloxía deste espazo, e velo máis e máis degradado ano tras ano, e visita tras visita”, relatan no seu diario web.

”Este máxico bosque, que supón un perfecto e fermoso refuxio para centos de animais e de especies vexetais moi interesantes grazas ao seu estado de conservación, estaba formado por unhas 80 hectáreas de bosque autóctono, pero cada vez esta superficie vese reducida debido as talas indiscriminadas de vexetación autócona e a plantación e proliferación de especies como o eucalipto (incluído un exemplar caracolillo, que é un dos máis agresivos e que mesmo ten prohibida a súa prantación en lugares como Asturias, acacia, etc…

En todo caso, aínda quedan, e de aí a visita, frondosas zonas de castiñeiros, abeleiras… recubertas de mofos e liquens que lle dan ao bosque un aspecto único. Unha visita que serve para poñer en valor este patrimonio natural e dar a voz de alarma, para que as administracións, e a sociedade, tomen nota.

Senda nova de ruta na Ribeira da Pena de Carballo

Segunda saída

O vindeiro sábado 23 de marzo farán unha saída a Bardoso-Berbia, as beiras do río de A Laracha, un lugar magnífico para observar a vexetación de ribeira, e a importancia da mesma.

Comentarios