Juan Félix Gende amosa a nova imaxe do Rockin'Carballo

12:22 20/04/23
O 1 de xullo, para despedir as festas de San Xoán, e como previa da Festa do Bosque, celebrarase en Carballo o festival Rockin. Aínda teremos que esperar para coñecer as bandas que nos farán bailar na sesión vermú e na tarde noite, pero xa nos deixan ver a imaxe realizada poo deseñador gráfico carballés Juan Félix Gende.
A concelleira de Mocidade, Maruxa Suárez, felicitou ao Gende, “porque unha vez máis volveu atinar co cartel, convertendo a ponte da guitarra no skyline de Carballo”.