Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Sábados infantís, presenciais e virtuais, para o Outono da Biblioteca Rego da Balsa

programa_ler_conta_moito-Bibliotecas de Carballo
Sábados infantís, presenciais e virtuais, para o Outono da Biblioteca Rego da Balsa

Este sábado regresan as actividades infantís á Biblioteca Rego da Balsa. Volven con aforo limitado e sempre con inscrición previa no 981 758 580, tendo a novidade de que ademais os espectáculos poderán verse en directo a través das canles de YouTube do Concello e das Bibliotecas de Carballo e tamén das páxinas de Facebook das Bibliotecas, o Concello e Cultura Carballo (ao remate do streaming borraranse os vídeos para respectar os dereitos dos autores).

O primeiro en actuar o pasado sábado foi Magín Blanco, que presentou o espectáculo “O que levamos nas maletas”, para nenos de 6 a 10 anos, nun conto con moitos seguidores..

O programa continuará con estas propostas:

  • Venres 18 setembro, 17.00 horas: “Que morro!”. Contacontos infantil con Caxoto (Rede Cultural da Deputación da Coruña).
  • Sábado 19 setembro, 11.30 horas: “A máquina do tempo”. Contacontos teatral da compañía Ghazafhellos (Ler conta moito).
  • Sábado 26 setembro, 11.30 horas: “Contos da lúa”. Contacontos infantil coa compañía Trécola Teatro (Ler conta moito).
  • Sábado 3 outubro, 11.30 horas: “Historias fabulosas, dous magos e outras cousas”. Espectáculo de Ian e Elisa que combina contacontos, maxia e sombras chinesas (Ler conta moito).
  • Mércores 7 outubro, 17.00 horas: “Antia, Wamba e o regato pequeno". Contacontos infantil con Tropa de Trapo (Ler conta moito).
  • Sábado 17 outubro, 11.30 horas: “Patrimonio Natural”. Concerto infantil de Gloria Mosquera, de Mamá Cabra, e Tomi López (Ler conta moito).
  • Sábado 31 outubro, 11.30 horas: “Estrafalaria”. Contacontos infantil con Xarope Tulú (Agadic).

As actividades de outono na Biblioteca Rego da Balsa están organizadas pola Concellaría de Cultura, que conta coa colaboración da Xunta a través do programa de animación á lectura “Ler conta moito”, da Deputación da Coruña a través da súa rede cultural e da Agadic.

Comentarios