xoves. 15.05.2025
El tiempo

Sáese da vía, bate contra un muro e acaba nun xardín

Sáese da vía, bate contra un muro e acaba nun xardín

Esta pasada noite unha muller tivo que ser asistida polos efectivos de emerxencia tras sufrir un ataque de ansiedade despois dun accidente. O seu vehículo transitaba pola avenida de Artes, en Carballo, cando perdía o control, saíase da calzada e esnafrábase contra o muro dunha casa. O vehículo acabou no xardín da propiedade. Os efectivos mobilizados tiveron que estabilizar a muralla para evitar que os seus restos acabasen víndose abaixo.

Foi unha persoa particular, que tamén ía no coche sinistrado, a que chamou ao 112 Galicia ás 00:00 horas desta noite. Acto seguido, dende o CIAE do 112 alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Bergantiños. Tamén se informou a Protección Civil e á Policía Local.

Novas relacionadas

 

Accidentes 2017

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios