Seve Auve puxo sombra sobre o Garabato
Singular a exposición que acolle dende este domingo a Galería Garabato de Carballo. Seve Auve inauguraba a súa exposición "Sobras/Sombras... Sombras/Sobras”.
Ante un sempre fiel público, Auve narrou o complicado proceso creativo, e debullou o sentido da simboloxía que se agocha detrás de cada obra.
Auve parte da linguaxe, e dos fermosos xogos de palabras que tantas ideas lle xeneran. Unhas veces van ao lixo, pero outras, tras unha volta, o papel non se mollou e se decidiu a mantelas e expoñer estas 17 pezas, “coa premisa de darlle luz a estas sombras de sobras que son por dereito propio obras de luz en sí mesmas xa que non hai luz sin sombra e os que garabateamos liñas nun papel sabémolo e tampouco sería posíbel a existencia dunha boa idea sin antes descartar outras igual de interesantes (polo menos para min )…”