Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Sheila Patricia trae o seu "trad" a Carballo

Concerto_SheilaPatricia_Carballo3marzo
Sheila Patricia trae o seu "trad" a Carballo
A artista Sheila Patricia, regresa aos escenarios en Carballo o venres 3 de Marzo, ás 21 no Pazo da Cultura de Carballo.

A partir das 21 en formato solitario, Sheila encherá de folktrónica o auditorio do Pazo da Cultura, xénero polo que apostou dende os seus inicios e que fusiona os sons galegos con diversas formas de música eletrónica.

A artista compostelá está recén chegada da súa xira por Latinoamérica, tendo no seu debut 10.000 persoas no Festival Internacional de Cosquín, un dos eventos máis importantes de folclore latinoamericano que celebraba este ano a súa 63ª edición. Sheila actuou como invitada de Flor Paz, recoñecida artista arxentina coa que comparte a súa visión sobre o folklore e a música tradicional.

Entradas dispoñibles para o concerto  nesta ligazón.

Comentarios