Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A situación crítica da UDIAF Bergantiños, ao Parlamento

udiaf carballo
A situación crítica da UDIAF Bergantiños, ao Parlamento

Son alarmantes as listas de agarda da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños. Ata 200 días de agarda teñen que esperar as familias con nenos e as nenas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento para seren atendidas.

As cifras sinalan ademais que en total foron atendidos un total de 113 menores de toda a comarca desas idades, un 3,6 % da poboación neste rango de idade, provocando ademais que nos últimos anos, debido a ese retardo, a idade de acceso ao servizo sexa maior, situádose nos 3 anos.

En canto ao persoal, non hai fisioterapeuta nin terapia ocupacional, especialidades que en cambio si están nos centros próximos ao de Carballo con moitos menos usuarios que a Unidade de Bergantiños. Así, a de Carballo conta con 3 profesionais para 116 menores (o que provoca listas de espera de máis de 200 días), mentres que a unidade de Soneira conta con 4 profesionais para 85 (lista de espera dun mes) e A Laracha con 4 profesionais atende 35 (sen lista de espera).

Ademais das cifras, as familias explican que “nalgúns casos, nalgúns momentos, a atención é máis simbólica ou tendente a engordar as cifras que real e efectiva”. Criticaron que o servizo deixou de realizar terapias en plena pandemia, cando as familias máis o necesitaban. A situación tardou en recuperarse e durante moitos meses os nen@s apenas tiñan 1 terapia de 45 minutos cada 15 días, sen capacidade de recuperación dunha cita en caso de non poder asistir.

Ao Parlamento

Unha situación de absoluta emerxencia que vai levar tamén o Grupo Socialista ao Parlamento Galego. A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, presentará unha pregunta oral na Comisión de Sanidade do Parlamento reclaramaralle a Xunta reforzos para solventar estas listas de agarda e para achegar a cidadanía un servizo “descoñecido”.

Dende o PSOE recoñecen que “é verdade que a Atención Temperá en Galicia ten experimentado un crecemento constante nos últimos anos pero cando comparamos a cobertura e a contía de inversión por habitante de 0 a 6 anos co resto das comunidades autónomas, aínda ocupamos os últimos lugares de España”.

Por todo isto vaille preguntar ao Goberno Galego se vai tomar medidas para garantir o bo funcionamento da UDIAF bergantiñá.

Novas relacionadas

Comentarios