Venres. 26.04.2024
El tiempo

A lista de agarda da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños é de 200 días

UDIAF Carballo
A coordinadora da unidade de Carballo, Yaiza Antelo, presentoules ao alcalde, Evencio Ferrero, e á concelleira de Igualdade e Benestar, Maica Ures, o balance anual da Udiaf
A lista de agarda da Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños é de 200 días

Presentaba esta semana a Unidade de Desenvolvemento Infantil e Apoio Familiar (UDIAF) de Bergantiños o seu informe anual relativo. Un informe que descata que se atendeu durante 2021 a un total de 113 nenos e nenas da comarca, que representan o 3,6% da poboación de 0 a 6 anos.

E iso que a pandemia provocou a aparición de máis necesidades, que chocan frontalmente insuficiencia dos recursos existentes, provocado polos continuos recortes en materia sanitaria do Sergas.

Así, e malia que a apertura dunha unidade de atención temperá na Laracha no segundo semestre do ano pasado (que aliviou a saturación de Carballo), a listaxe listaxe de agarda é cada vez máis longa e sitúase xa nos 202,7 días. “Este preocupante dato reforza a necesidade de ampliación que se vén demandando nos últimos anos dende o propio servizo”, valoran dende o Concello.

Consecuencias da pandemia

Yolanda Antelo debullou as consecuencias dunha pandemia que provocou “unha desestruturación do día a día” propiciada pola perda da rutina casa-escola-ocio, o cambio das relacións cotiáns, a falta de espazos ao aire libre para xogar ou a facilidade de acceso á tecnoloxía.

Entre os datos salientables da memora, destaca a gran diferenza de usuarios/as por sexos, xa que un 72,6% foron nenos e un 27,4%, nenas.

Das 113 familias atendidas, o 63,7% son residentes en Carballo, pero ao servizo, que cumprirá oito anos a finais deste 2022, acoden nenos e nenas dos sete concellos bergantiñáns.

Cómpre lembrar que a UDIAF Bergantiños forma parte, xunto coas do Salnés e do Deza, dun proxecto dirixido pola Asociación Galega de Atención Temperá e subvencionado integramente pola Consellería de Política Social para nenos e nenas de 0 a 6 anos. A súa sede está na avenida do Ambulatorio, nun local cedido polo Concello de Carballo no antigo ambulatorio. O servizo é público e gratuíto. O contacto pode realizarse a través do correo electrónico [email protected] ou ben chamando ao teléfono 881.946.410.

Comentarios