martes. 17.06.2025
El tiempo

Sofán xa ten o seu Consello Parroquial

Sofán xa ten o seu Consello Parroquial
Consello Parroquial de Sofán Carballo Consello Parroquial de Sofán

Continúa o Concello de Carballo dándolle voz aos seus veciños de forma directa cos pioneiros Consellos Parroquiais. Xa son 5 os constituídos neste mes de outubro, o último na parroquia de Sofán. nunha xuntanza que reuniu a preto de corenta persoas e da que saíu un equipo de traballo moi numeroso, integrado por 17 membros: 11 representantes de cinco asociacións, dúas persoas a título individual e un concelleiro/a de cada grupo da corporación municipal.

Entre novembro e decembro continuarán as xuntanzas nas outras 12 parroquias rurais coa intención de implantar os Consellos Parroquiais en todo o territorio. Consciente de que non será doado acadar este obxectivo, o goberno municipal fai un chamamento á participación para seguir ampliando esta nova canle de comunicación directa entre o Concello de Carballo e a veciñanza.

As próximas reunións celebraranse os días 3 e 4 de novembro en Goiáns e Berdillo, respectivamente. Como se está a facer en todo este proceso, a convocatoria realizarase mediante o envío de cartas a cada domicilio.

Máis información

Poden informarse en www.carballo.org/participacionvecinal/portada/, en consellosparroquiaiscarballo@gmail.com ou no no 608 201 251.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios