venres. 15.11.2024
El tiempo

Sorprenden en Carballo a varios camións dunha empresa circulando con gasóleo bonificado

Sorprenden en Carballo a varios camións dunha empresa circulando con gasóleo bonificado
Os axentes detectaron o uso de gasóleo B para o funcionamento dos vehículos Os axentes detectaron o uso de gasóleo B para o funcionamento dos vehículos Axentes da Garda Civil descubriron un presunto fraude de uso indebido de gasóleo por unha empresa de Carballo que se adica a realizar transporte público de mercadorías. Ao parecer, segundo informa a DXT - Dirección Xeral de Tráfico - os axentes atopábanse facendo unha inspección de transportes na zona de Carballo. Ao proceder a controlar un camión-furgón, os axentes detectaron o uso de gasóleo tipo "B" bonificado para o funcionamento do vehículo. Este primeiro positivo deulles pé a controlar dous coches máis da mesma empresa, os cales deron tamén positivo. Ante a sospeitas dos axentes de que estes coches repostase nalgún lugar clandestino, iniciaron unha investigación na que localizaron un depósito dentro dun baixo da localidade de Carballo, propiedade do titular da empresa. Segundo informa a DXT, a única medida de seguridade era un pequeno extintor de 6 quilogramos. O depósito non tiña a debida autorización de Industria nin licenza municipal. Durante a investigación localizaron un depósitivo ilegal con gasóleo bonificado Durante a investigación localizaron un depósitivo ilegal con gasóleo bonificado Os axentes comprobaron que o combustible era tamén bonificado, destinado ao uso agrícola, e lograron identificar ao suministrador. Polo que o asunto pasa ao Servizo Fiscal da Garda Civil da Coruña co fin de que continúe coa investigación e esclarecemento do presunto fraude. Multa O uso de gasóleo B sin autorización o en tarefas non estrictamente agrícola sancionase cunha multa que pode ir dos 601 euros ata os 12.000 - en función da potencia e característica do vehículo - así como o precintado e inmobilización do coche durante un tempo comprendido entre un e doce meses. Fonte  

Comentarios