O talento local será o protagonismo do ciclo carballés Novembro con Música
10:08 11/11/24
Xa vimos que ben foi a presentación do documental Bravú XXX, cita que serviu de apertura do Novembro con música, un programa impulsado desde a Concellaría de Cultura que se nutre, principalmente, de talento local. De feito, nesta edición participan oito entidades coas súas propias propostas.
Este sábado tamén se celebrou o aniversario do Coro Aires de Bergantiños, pero o mes de novembro será completito, destacando o concerto de A Pedreira, previsto para o venres 15 ás 21.00 horas, coa colaboración da Deputación da Coruña.
No cartel podedes ver o calendario completo.
A este Novembro con música tamén se suma o Conservatorio Profesional de Música do Concello de Carballo (CMUS Carballo) cunha chea de actuacións e audicións.