sábado. 15.03.2025
El tiempo

Tres citas especiais para as dúas semanas de Entroido de Carballo

Programa Entroido Carballo 2025 copia
ste ano, o cartel, realizado polo carballés Juan Gende, está inspirado no carballo senlleiro de Vilar de Francos, que perdeu a última parte da copa durante o temporal Brent en novembro de 2024.
Tres citas especiais para as dúas semanas de Entroido de Carballo

Do 28 de febreiro ao 9 de marzo, Carballo porá o traxe de Entroido para gozar de festas de disfraces, pasarrúas, obradoiros, bailes... Coma sempre, con tres citas que cada ano congregan a miles de persoas: o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas, a Festa Infantil de Entroido e o Enterro da Sardiña

Concurso, Festa Infantil e Enterro da Sardiña

 

Este ano o concurso, no que habitualmente participan máis de medio millar de persoas, terá lugar o domingo 2 de marzo. Presentado pola actriz Isabel Risco, comeza ás 18.00 horas e durante o baile posterior, ás 20.30 horas co Grupo La Bamba, farase a entrega dos premios, de ata os 10.000.

Unha das citas que a cativada agarda cada ano é a Festa Infantil que se celebra o Luns de Entroido. Neste caso é o 3 de marzo de 18.00 a 19.30 horas e contará con música de picadiscos, xogos e animación.

E outra das actividades que xa é tradicional é o Enterro da Sardiña, neste caso o martes 4 de marzo a partir das 19.00 horas. Contará coa colaboración da Aula de Teatro Municipal de Carballo que dirixe Galeatro. A comitiva do cortexo fúnebre sairá da Praza do Concello e continuará ata o Parque do Anllóns, onde a sardiña acaba no río. Colaboran na cita os servizos municipais de Policía Local e Protección Civil, así como a Agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Carballo.

Máis programa

O venres 28 de febreiro Circo Krasnovarak visitará a Praza do Concello a partir das 18.30 horas co seu espectáculo no que hai xigantes, xirafas, elefantes e mesmo monicreques. Os pasarrúas terán presenza o 2 de marzo, día do Concurso de disfraces, o Luns 3, día da Festa Infantil e tamén o martes 4 durante o Enterro da Sardiña: correrán a cargo das charangas ACDC (Atlantic Club Domestic Charanga) e de Santa Compaña.

A programación inclúe tamén dous obradoiros para familias que requiren de inscrición previa na Biblioteca Rego da Balsa, lugar onde se desenvolverán a partir das 11.00 horas o luns 3 e o martes 4 de marzo. O luns terá lugar un Obradoiro de sombreiros tradicionais de Entroido organizado pola AC Escola do Alprende de Carballo; e o martes un Obradoiro de Máscaras de Peliqueiro. O programa péchase o domingo 9 de marzo coa Corrida do Entroido, que percorre a feira e rúas de Carballo. Organizada pola AC Escola do Alprende, a cita está patrocinada pola Concellaría de Cultura.

Hai tamén actividades que se desenvolven en diferentes barrios e parroquias de Carballo: o Renacemento do Chorón na Milagrosa o venres 28 de febreiro e o sábado 1 de marzo; festas do cocido en Sofán e Entrecruces o sábado de Entroido; festa de Entroido con concurso de sobremesas típicas o sábado de piñata en Bértoa, ou Festival de Entroido de Cances e o Cocido de Entroido en Bértoa o 15 e 22 de marzo, respectivamente.

Programa Entroido Carballo 2025  2

Máis citas de Entroido

Comentarios