Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Unha rúa polo Médico Eduardo Mariño

Unha rúa polo Médico Eduardo Mariño
A viuva Descubrindo a placa da rua do Medico Eduardo Marino

Emotivo foi o acto de descubrimento da placa da nova rúa dedicada ao Médico Eduardo Mariño, situada na contorna do Centro de Saúde de Carballo, e que no futuro ligará coa glorieta que nestes momentos se está construíndo na Avenida de Razo, a carón do Centro Comercial Bergantiños.

Foi a súa viúva, Amelia Callejo de Hoyos, a encargada, acompañada da familia, de destapar a placa nun sinxelo acto no que tamén estiveron presentes amigos do finado, así como representantes de todos os grupos da corporación. A filla do homenaxeado, Mónica Mariño, quixo agradecer este recoñecemento para o seu pai, falecido hai 15 anos, especialmente tamén pola situación da rúa.

A de Eduardo Mariño comparte zona con outras rúas dedicadas a médicos ilustres como Ramón y Cajal, Gregorio Marañón ou Severo Ochoa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios