A veciñanza de Cances e Xoane deciden a obra da estrada AC414
08:53 22/08/24
Continúan paralizadas as obras da AC414 ao seu paso entre Carballo e Cances e Xoane. As protestas veciñais parece que foron escoitadas, e a Xunta convovaba onte, por separado, a representantes das entidades veciñais de ambos lugares, para preguntarlle as súas propostas para poder rematar a obra.
Así, esta tarde de xoves 22 de agosto, ás 20:30h, os veciños de Cances reuniranse no Local Social para estudiar as novas variacións aprobadas pola Xunta sobre o proxecto inicial.
Os representantes veciñais terán que responder se o pobo está dacordo este mesmo venres nunha nova reunión coa Xunta.