Martes. 30.04.2024
El tiempo

Vence pon Carballo como modelo económico para os concellos de Galicia

Vence pon Carballo como modelo económico para os concellos de Galicia
Vence con Ferrero no Forum Carballo

Pasou por Carballo e quedou encantado o portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. De feito, puxo o traballo do goberno municipal de Carballo que encabeza Evencio Ferrero como “exemplo e modelo da aposta estratéxica do BNG pola formación e o emprego que impulsa desde os concellos nos que goberna, para contribuír a inserción laboral nun momento de extrema dificultade á hora de encontrar un posto de traballo”.

Vence coñeceu de preto os cursos formativos que se están a impartir no Forum Carballo, e dos que xa se teñen beneficiado máis de medio millar de persoas. Un Forum Carballo que, con 21 especialidades formativas homologadas, é o centro máis completo de Galicia.

Fixeron fincapé no “esforzo” orzamentario que realiza o Goberno local en materia de formación e promoción de emprego, aportando 300.000 euros de recursos propios en 2014, cantidade que se duplicou nos últimos tres anos pese aos recortes. “Reflexa unha aposta polo emprego e pola formación ao servizo da cidadanía e da creación dun concello e dun país con futuro”, insistiu.

Vence no Obradoiro de Soldadura de Carballo

Apoio da Xunta

O portavoz nacional pediu á Xunta “un maior compromiso co Concello de Carballo para traballar nesta dirección utilizando as infraestruturas que ofrece o Goberno municipal, en lugar de botar man de empresas privadas cuxa xestión da formación non sempre responde a criterios de rigor, eficiencia e transparencia”.

“Canalizar eses recursos públicos polas iniciativas que demostran eficiencia, claridade e vocación de prestación de servizos reais á comunidade, como é o caso de Carballo, exemplo de que as institucións públicas, cando teñen ideas e vontade, son un mecanismo moito máis claro é eficiente para a formación”, argumento Vence.

Vence quixo destacar tamén as propostas de peonalización, de recuperación de espazos públicos co programa de murais para transformar as medianeiras dos edificios en creacións artísticas, as obras de urbanización de rúas e prazas entre outras medidas “están a facer de Carballo unha vila máis amigable, atractiva para visitar e desfrutar”, concluíu.

Novas relacionadas

Comentarios