Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Vieiro conciencia á mocidade contra o tabaco

Sesion formativa de Vieiro contra o tabaco
Vieiro conciencia á mocidade contra o tabaco

Non consegue esta sociedade quitarse do medio o tabaco. Trala caída rotunda na última década pola subida de prezos, e a prohibición de fumar en espazos pechados, comprobamos como existe un repunte entre a mocidade, vén sexa co tabaco ordinario, a picadura ou os novos vaporizadores.

Nese sentido, a Asociación Vieiro para conmemorar o “Día Mundial Sen Tabaco” 2024, que tivo lugar o 31 de maio, ten previstas varias actividades que se celebrarán ao longo da semana, co fin de informar e concienciar a toda a poboación sobre o perigo de consumir este substancia:

Por un lado, os Concellos da Comarca de Bergantiños ilumináronse de verde na noite do venres 31 de maio. Ademais, están organizando obradoiros destinados a traballar a prevención de condutas adictivas que tiveron lugar o pasado 29 de maio, na sede da Asociación de Enfermidades Mentais (Apem) de Carballo, e o día 30 na Asociación de Persoas con Diversidade Funcional (Aspaber). O obxectivo destas sesións é ofrecer información sobre os efectos nocivos e as consecuencias do consumo de tabaco no organismo.

Comentarios