Martes. 15.10.2024
El tiempo

Vieiro leva as emocións d@s amig@s da horta ata ás escolas

Vieiro na escola cos amigos da  horta
Vieiro leva as emocións d@s amig@s da horta ata ás escolas

Continúa en marcha o programa “Na horta co@s amig@s” de Vieiro pola escolas. Nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria dos centros carballeses xa disfrutan das sesións de contos protagonizados por hortalizas que relatan situacións persoais que requiren unha solución e que son similares ás que viven os/as pícaros/as nesta etapa evolutiva.

Nestes contos trabállanse diferentes temas: os medos, as burlas, os prejuicios e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

O obxectivo deste programa é contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao comezo dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis tempranas.

Accións de Vieiro

Comentarios