Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vieiro reflexiona sobre as emocións nos centros de ensino

Educadora Social Miriam Romero Traba de Vieiro
A Educadora Social Miriam Romero Traba é a encargada de realizar as sesións
Vieiro reflexiona sobre as emocións nos centros de ensino

O programa escolar “Na Horta cos meus amigos/as”, que usa as verduras e hortalizas para tratar as emocións, volve aos centros de ensino de Carballo. A Asociación Vieiro puxo en marcha un ano máis este proxecto dirixido a nenos e nenas de 3º e 4º de Educación Primaria.

Un programa que trata de “contribuír á maduración psicoafectiva, á adquisición de hábitos de saúde e benestar e ao inicio dun traballo preventivo sobre condutas de risco en etapas máis temperás”.

escola de Carballo

A través dunha serie de contos coas verduras como protagonistas, trátanse temas como os medos, as burlas, os prexuízos e a discriminación, as mentiras, as trampas, os celos, os castigos inxustos, as diferenzas físicas e culturais, a presión de grupo, a resolución de problemas e a identificación de emocións, entre outros.

Trátase de conseguir co programa “Na horta cos meus amigos/as”, que os nenos/as aprendan a expresar correctamente as súas emocións, de que falen do que senten, e a partir de aí comprender que eses sentimentos son compartidos polos seus compañeiros/as e que existen diferentes formas de reaccionar ante eles.

Comentarios