Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Vinte establecementos participan no primeiro “Mercadillo de Verán" de Carballo

mercadillo de Veran Carballo 2023
Vinte establecementos participan no primeiro “Mercadillo de Verán" de Carballo

Unha vintena de establecementos participarán do 8 ao 10 deste mes no primeiro Mercadillo de Verán impulsado desde a Concellaría de Promoción Económica e no que contamos coa colaboración do Centro Comercial Aberto (CCA) para o seu desenvolvemento, de xeito que todo o protagonismo recae no comercio local.

O Mercadillo de Verán desenvolverase na rúa Jacinto Amigo Lera, que se converterá no gran centro comercial da vila durante toda a fin de semana, cunha ampla oferta que inclúe téxtil, calzado, complementos, agasallos, deportes, xoguetes, informática e moito máis! O comercio carballés sae á rúa cos produtos de calidade que o caracterizan e cos mellores prezos da temporada. Os descontos poden acadar ata o 80%, polo que este evento convértese nunha excelente oportunidade para todo o público.

Estes son os establecementos participantes, seleccionados polo propio CCA entre os seus asociados: A fragua, Akira, Atelier, Atmósfera Sport, Benetton, Chiquikids, D&A Complementos, DV Carballo, Jorge moda, Lencería Mª José, Maker Store, Maluca Lobe, necos, O barco dos soños, Refugallo Zero, regalosyregalitos.com, Xoguetería Merliño, Zapatillería Isabel e Zocas. Cada un deles contará coa súa propia carpa, e o resto do espazo estará ocupado polos probadores.

O Mercadillo de Verán abrirá as súas portas o venres pola tarde. Toma nota dos horarios:

  • Venres, de 17.00 a 21.00 horas
  • Sábado, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00 horas
  • Domingo, de 10.00 a 14.30 e de 17.00 a 19.00 horas

Comentarios