Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un xeado de cianuro, en Carballo

fotoxeado2b
Un xeado de cianuro, en Carballo

Esta tempada, a sorpresa vólvea dar Mmmm! Xeados de Carballo, lanzando un xeado de Cianuro. Cianuro!? O listón estaba alto, eles mesmos marcáronno a tempada pasada con Cinza, aquel xeado negro co que nos sorprenderon a todos, colocándoos no mapa e que os levou a ser finalistas nos premios Paraugas de Marketing de Galicia, na categoría de estratexia de produto, xunto con empresas de maior calado como Estrella Galicia ou ABanca.

Agora, volven a dar a campada e abráiannos con outro curioso sabor, que máis dun vai pensar dúas veces se probalo. Si, así é, aínda que claro, como nos explica Sua, o seu director de Márketing, “obviamente, é perfectamente comestible e todo ten unha explicación”.

Así, trátase dun xeado feito a partir do froito dunha das árbores máis comúns en Galicia. O sabugueiro, bieiteiro, saúco e mil nomes polo que se coñece, ten unhas bagas case negras que, no seu estado inicial, cando están verdes, teñen glucosido cianognénico, tóxico que, ó madurar o froito, desaparece. Se cadra, foi esta a razón pola que o saúco ten a súa propia lenda negra. De feito, en Galicia, os seus froitos coñécense como “uvas de bruxa”. Sen embargo, dentro das súas cualidades máxicas, atribuidas ás bruxas, tamén estaban os poderes curativos, algo que hoxe sabemos que se debe o seu alto contido en vitaminas C e B, e ó fósforo, o cal faino moi útil para tratar problemas respiratorios e de insomnio, entre outras moitas cualidades.

Para a súa creación traballaron conxuntamente coa empresa Carabuñas, a cal leva traballando dende fai anos coas bagas e frores desta árbore. A partir das súas marmeladas e despois de máis dun ano de investigación, obtiveron un xeado cremoso e sabroso, que recorda lixeiramente os froitos vermellos.

Así é como Mmmm! Xeados e Carabuñas presentan o único xeado de saúco que poderedes probar na capital de Bergantiños.

Comentarios