O Xiria Pop bate á pandemia
Non falla o Festival Xiria Pop nin por pandemia. Con 23 anos de historia este singular festival adáptase aos novos tempos, cun esforzo maior aínda do habitual, para traer os 11 e 12 de setembro un programa de dous días de concertos de menos guerra pero tanta calidade coma sempre. Diso non temos dúbida con Xabier Graña armando o plan.
Cambian moitas cousas, como o escenario. Da Dublín toca pasarmos ao Pazo da Cultura, gracias á colaboración, sempre fundamental pero este ano se cadra máis, do Concello de Carballo. Haberá un aforo de 100 persoas polo que seguro que as entradas (coma sempe 10€ entrada e 15 abono para os dous días) seguro que voan coas gañas que temos de lío.
Máis popeiro que nunca é o cartace, creado por Joana Corker Design, de Birds Are Indie, acorde tamén coa música imperante nesta edición. “Non traeremos tanta punkarrada, porque para estarmos sentados…” sinala un Graña que xa tiña varias bandas máis garaxeiras preparadas que deixa para o curso que vén.
Os protagonistas serán da península. O venres chegan dende Coimbra Birds Are Indie, dende Valencia Star Trip e dende a Serra de Gredos Garbayo. O sábado será Óscar Avendaño (baixista eterno de Siniestro Total) o que cruce a AP9 para chegar a Carballo, dando paso aos asturianos Peralta e os cántabos Aitor Ochoa & Mad Mule.