Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Xornalismo chega as aulas da Costa da Morte

Un dos obradoiros de xornalismo do CPXG celebrados o 06-05-2019 no IES Alfredo Branas de Carballo
Un dos obradoiros de xornalismo do CPXG celebrado no IES Alfredo Brañas de Carballo
O Xornalismo chega as aulas da Costa da Morte

Este luns 6 de maio realizouse no IES Alfredo Brañas de Carballo unha sesión especial da cuarta edición do programa Xornalismo na Escola "la Caixa", a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’. O centro carballés acolleu tres obradoiros simultáneos que ensinaron ao alumnado a importancia dos medios de comunicación sen perder a perspectiva máis local. Ademais, os talleres contarán coa presenza do xornalista Xosé Ameixeiras como convidado.

Uns talleres que nacen para abrir a mente dándolles as claves de todo o que hai detrás dos medios de comunicación, que xa ten pasado en febreiro polo IES Agra de Raíces de Cee, IES Plurilingüe Fontexería de Muros, IES Terra do Xallas de Santa Comba, e polo CPI Cabo Darea de Laxe, e este vindeiro luns 13 estará no IES Maximino Romero de Lema de Zas, completando un percorrido por case 90 centros, e máis de 2000 alumn@s.

Susana Bastón Carballo, Pablo Díaz Bouza, Davide Fernández García, David Fontán Bestilleiro, Alfonso González Redondo e Edgar Melchor Fernández foron os e as xornalistas que desde o mes de febreiro se encargaron de impartir os talleres por toda a xeografía galega.

Obradoiro de Xornalismo na Escola do CPXG no CPI Plurilingüe Cabo da Area de Laxe
Un dos obradoiros de xornalismo do CPXG celebrados en febreiro no CPI Cabo da Area de Laxe

Como nos informamos

A práctica destes meses revela o necesario de formar a mocidade no uso dos medios de comunicación: "a inmensa maioría infórmanse a través das redes sociais e da televisión, e non saben como distinguir as noticias falsas e os bulos da verdadeira información", afirma Alfonso González. Pola súa banda, Edgar Melchor asegura que "os rapaces están agradecendo moito os obradoiros porque lles estamos a abrir a mente dándolles as claves de todo o que hai detrás dos medios de comunicación, tanto o bo como o malo, e as ferramentas para combatir os enganos". “O profesorado", di Davide Fernández, "aprecia que profesionais da comunicación acudan aos centros para falar de pluralidade informativa, o panorama actual dos grandes grupos de comunicación, a manipulación informativa e do papel do xornalismo como afianzador da democracia”.

Este proxecto pódese seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa.

Novas relacionadas

Comentarios