Vernes. 19.04.2019
El tiempo

A xornalista vimiancesa Alba Mancebo, mellor comunicadora nova das televisións rexionais europeas

Alba Mancebo estivo no Carballo Interplay contando a sua experiencias cas redes da CRTVG-Foto-David Tombilla

Espectacular a carreira que se espera a esta brava irmandiña. Alba Mancebo ten o xornalismo no sangue (o seu irmán, Alberto Mancebo, é un dos xa míticos presentadores da TVG). Forma parte desa fornada de profesionais comprometidos coa súa terra que sae do Asalto ao Castelo, pero o seu teito queda moi lonxe das torres da fortaleza soneirá.

Despois de comezar publicando no proxecto universatario Compostimes, leva un par de anos no departamento de Contidos Dixitais da CRTVG. Ela é a voz das redes na televisión, ela é a modernización da televisión galega en persoa.

Alba vén de gañar o premio CIRCOM á mellor comunicadora nova (Young Onscreen Talent) que concede este organismo que agrupa as televisións rexionais europeas.
É nada menos que o segundo premio deste organismo para a CRTVG.

Alba Mancebo terá que ir a Gala CIRCOM o vindeiro 30 de maio, a Novi Sad (Serbia), para recoller o premio.

Comentarios