Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas

O BNG pide que as obras estean listas antes do comezo do novo curso
ies_alfredo_branhas Salon de Actos desfeito
Estado do Salón de actos do centro carballés
A Xunta compromete 230.000 para a reforma do Salón de Actos do IES Alfredo Brañas

Tras un par de anos de estado lamentable, e tras moitas queixas e protestas, a Xunta vén de comprometerse, con partida incluída, a reformar o Salón de Actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. O Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, anunciou onte no Parlamento que o seu departamento vai encargar “con carácter inmediato a redacción do proxecto” de mellora do espazo, contando, agora si, cun orzamento de 230.000€.

Sinalou que “estudos técnicos apuntan á necesidade de afrontar unha obra de acondicionamento e mellora deste espazo, que implicará desmontar as butacas, a luminaria e o falso teito como paso previo ás reformas. Serán obras de albanelaría para instalación de apliques e luminarias para unha nova iluminación LED, modificación das instalacións de electricidade, preinstalación de nova megafonía, pintado e revestimento de paredes e actuacións sobre o teito, cunha rede de protección baixo forxado de bovedilla.

O BNG urxe

Foi o BNG o que levou o asunto ao Parlamento Galego e ante a petición, o deputado carballés Daniel Pérez esixiu á Xunta que “as obras precisas estean rematadas para o comezo do próximo curso académico”.

Novas relacionadas

Comentarios