Xoves. 03.10.2024
El tiempo

A Xunta comprométese a impulsar a Variante de Carballo

Edis carballeses no pleno do Parlamento
Edís carballeses no pleno do Parlamento para esixir o compromiso da Xunta coa Variante
A Xunta comprométese a impulsar a Variante de Carballo
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, interveu hoxe no Parlamento de Galicia

Utilizada durante a campaña, a pesar de ser unha demanda histórica, a Circunvalación de Carballo podería convertirse nunha realidade. Así se comprometeu onte a Xunta no Parlamento, a instancias do BNG, que anuncia unha partida específica para esta infraestrutura nos orzamentos de 2020.

O deputado do BNG, Luís Bará, e coa presencia de varios edís carballeses no pleno, pedíu que a Xunta recuperase o proxecto realizado en 2010 que leva 9 anos metido nun caixón. Un proxecto que Carballo necesita dende hai 20 anos, en realidade, pois o estudo impacto ambiental xa data de 2007, cunha previsión de execución de 2013 naquel entón. Unha obra “vital, estratéxica, prioritaria e demandada por toda a sociedade carballesa e da contorna”.

A Conselleira Ethel Vázquez non deu prazos desta volta, pero si que sinalou que reserva unha partida específica e concreta para a Variante de Carballo, dividindo a súa execución en dous treitos, dende o oeste de Carballo, dende o polígono de Bértoa, ata a estrada provincial que leva a Compostela, e que suporá un investimento superior aos 10 millóns de euros, e outra intervención dende esa estrada ata o leste da vila, de máis de 15 millóns.

Aproveitou Vázquez para lembrar que si lle darán continuidade ao novo treito de 5,5 km para achegar aos veciños de Vimianzo e Camariñas (non dixo nada do treito ata Berdoias e o necesario Berdoias-Brens); para sinalar que disporán os descontos do 50% da peaxe en horario nocturno da Autopìsta Coruña-Carballo; e de paso tamén avanzou o investimento dun millón de euros para executar unha senda de 2,5 km na estrada de Coristanco e outro millón para outra senda no polígono de Bértoa.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios