Martes. 07.05.2024
El tiempo


O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro


O Simposium Monte Pindo analizou as novas oportunidades do futuro primeiro Parque Natural costeiro
Simposium Monte Pindo 2015 Mesa do debate do Simposium Monte Pindo

Sempre é importante parase a reflexionar sobre o conseguido e sobre os retos que hai por diante. E nese sentido a Asociación Monte Pindo Parque Natural, cada ano, fai parada no que chama Simposium. Este pasado sábado tivo lugar a 4ª edición centrando neste caso as ideas nas novas oportunidades económicas e de emprego que xeraría a creación do futuro primeiro Parque Natural da Costa da Morte.

Persoas de todos os eidos e de diferentes puntos de vista sobre o Parque participaron neste foro de debate. Pero a idea era a de remarcar o enorme potencial que ten o noso monte, non só en si mesmo senón en todo o que emblemáticamente representa na historia do noso país.

Se ben foron charlas moi diversas con temáticas, máis interesante se cabe foi a mesa de debate, moderada polo secretario da entidade organizadora Mario Maceiras, e na que participaron Manuela Casais, que expuxo o valor xeolóxico do monte, a súa esencia: a pedra; Cesar Pérez e Jorge Pérez, que representaban e vida e a morte do noso monte: flora, fauna, medioambiente, incendios forestais… Luís Costa que fixo a labor de formador e explicou de maneira clara e concisa o que é un Parque Natural e o que esta figura representa para toda a poboación pero, especialmente os enormes beneficios económicos que esto suporía para os vecinos coa creación de novos postos de traballo, axudas…

E por último, pero non por iso menos importante, a figura de “Pepe do Fieiro”, que representa a memoria viva, a historia, o Patrimonio inmaterial, a veces o mais esquecido. En fin, unha xornada na que se tratou de mostrar a inquedanza de moitas persoas de acadala declaración de Monte Pindo como Parque Natural.

Foi un momento para o debate, e a presencia dos que non están a favor do Parque Natural enriqueceu a trasmisión de ideas. Pero o que está por riba de todo é o amor comùn ao Olimpo Celta, e o interese de que se lle recoñeza ao Monte Pindo o inmenso valor que posee en tódolos seus aspectos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios