24 horas de música e festa no Asagheiras Master Festival


A Axenda Costa da Morte mira con tristura o fin do verán. Pero aínda quedan un par de citas ineludibles con dous festivais claves da Costa da Morte. Xa coñecemos o cartel do XiriaPop, e hoxe cambiamos pop por caña, e cambiamos Carballo por Lariño. Alí, no Campo de fútbol, celebrarase o Asaghieiras Master Festival o vindeiro sábado 17 de setembro dende as 12:00h.
Serán 24 horas completas de festa, con 12 grupazos, churrasco, dj e múltiples actividades. O churrasco comezará a saír da brasa a sobre as 12:00h, hora á que empezarán os pasarrúas de música tradicional, os xogos populares, os palcos espontáneos e o Obradoiro do Novo Circo de Santiago para os máis pequenos.
Maratón de músicas
A música chegará a partir das 16:00h, cunha espectacular traca de 12 grupos. Haberá un parón ás 0:00h, para que o Bruxo da Costa da Morte nos leve de Queimada. Pero polo resto, ata que o corpo aguante, i é que Dj Berro non deixará que pare a música ata a mañá do domingo...
Estas son as bandas participantes:
- Inexperience- Tributo a Jimy Hendrix.
- Sozios a la fuerza - Tributo a la Polla Records dende Muros.
- Terbutalina -muradáns que veñen de sacar un novo disco.
- Kolision frontal - Outra banda muradá de rock.
- Filloas on The Stone, boas versións dende Carnota.
- Alykea.
- Os Miúdos.
- Bolldozers.
- Comando robalisa, punk dende Portosin.
- The zipper.
De toda a organización, coma sempre, encárganse oos rapaces da ACDR As Asaghieiras, que conta coa colaboración da Asociación Relápago de San Mamede e o Concello carnotán.
Máis información
- Evento de Facebook do Asaghieras.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Escolma de bandas costeiras – A Axenda Sonora da Costa da Morte segue crecendo.
Novas relacionadas
- Carballo pon cara de POP.
- Terbutalina saca un novo disco Broncodilatador.
- Primeira aparición da Real Orquestra Fortuita da Costa da Morte.
Máis novas festivaleiras
- Festa Folk na Fin do Camiño 2011: A Anchoa sacou os cen pés a bailar.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).