Venres. 18.10.2019
El tiempo

3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo

3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo
A catagolación do Monte Pindo como Parque Natural podería ser un obstáculo (e salvación) para a instalación de novos parques eólicos no macizo carnotán. Esa pode ser unhas razóns polas que a Xunta a non quere a súa catalogación medioambiental. I é que estes días, nos que asistimos á morte forzada do pioneiro proxecto da Reserva Mariña dos Miñarzos, coñecemos outra nova relacionada coa destrución do noso patrimonio natural. Segundo denuncia ADEGA, 3 novos parques eólicos cercarán o Monte Pindo. 13 novos aeroxeneradores poderían ser instalados nos termos municipais de Mazaricos, Dumbría, Carnota e Muros, deixando o Monte Pindo nunha illa rodeado un mar de viraventos. ADEGA fíxolle chegar á Xunta unha proposta alternativa, que pasa por permitirlle á empresa concesionaria Eurovento repotenciar outros parques de Galicia.

Concesións antigas

Os tres parques eólicos, solicitados por Eurovento, non son do novo concurso da nova lei. Son concesións do antigo goberno do PP, e xa están en marcha os os trámites para a avaliación de impacto ambiental.

A Devesa dos Anllares en doble perigo

Son varios os lugares ameazados, entre elas a Devesa dos Anllares, coñecido por ser o bosque atlántico máis occidental de Europa e que xa pode sufrir a construción de 3 novas minicentrais hidroeléctricas no río Xallas. Os parques eólicos son os seguintes.
  • Parque Alto das Agras (ao SW do macizo do Pindo): invade a zona proposta de ampliación do LIC Carnota-Monte Pindo, sobre hábitats prioritarios e humidais catalogados.
  • Ampliación do Parque Virxe (ao SW do macizo do Pindo).
  • Parque A Ruña (ao NE do Pindo): situado a menos de 2km do Camiño de de Santiago; e a 1 km da Devesa do Anllares.

Novas relacionadas

Máis novas

Máis información

Novas informativas

Fonte e máis información

Comentarios