9 horas de incendio en Lariño

09:33 31/07/12

Toda a tarde de onte unha gran fumareda invadiu Lariño. O lugar carnotán sufría o primeiro severo incendio do verán na Costa da Morte, no que unhas 18,5 hectáreas (como outros tanto campos de fútbol) de monte raso, matogueira, foron arrasadas. Mesmos as lapas a piques estiveron que chegar á estrada.
O incencio comezara sobre as 16:00h da tarde, e non puido ser extinguido ata ás 23:00h. I é que tiveron que traballar arreo para sufocalo 4 axentes forestais, 10 brigadas, 6 motobombas, unha pala, 4 helicópteros e 4 avións.
Foi este o primeiro, esperemos que non de moitos, incendio do verá, tralo aviso do pasado mes de xuño nas faldas do Monte Pindo.

Novas relacionadas
- Prouxiarado: 04-06-12: Primeiro aviso.
- 02-04-12: Noite galega de lumes.
- 28-03-12: 60 hectáreas arrasadas no incendio de Buiturón.
- A Costa en verde: Eucaliptos, ¿unha praga ou unha saída económica?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).