Domingo. 05.05.2024
El tiempo

A AGACS apoia o Parque Natural Monte Pindo

A AGACS apoia o Parque Natural Monte Pindo
A recén nacida Asociación Monte Pindo Parque Natural comeza a súa loita pola protección do Monte buscando apoios estratéxicos. O primeiro que veñen de acadar é o da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago. A AGACS, entidade que aglutina a peregrinos da Ruta Xacobea de todo o mundo, vén de sumarse a favor da declaración de Parque Natural para o Monte Pindo. A grata noticia chegoulles este mesmo venres 29 de outubro mediante unha comunicación do seu presidente, José Antonio de la Riera, vello coñecido na Costa pola súa loita histórica en favor da prolongación do Camiño Xacobeo ata Fisterra e Muxía. A carta do Presidente di así: Amigos: Desde el colectivo que representamos, que incluye a peregrinos jacobeos de todo el mundo, nuestra enhorabuena y nuestro apoyo a la iniciativa. El conjunto del Pindo es un valor histórico y natural extraordinario, único en Europa, que, al igual que el Camino, debemos legar en las mejores condiciones posibles a futuras generaciones. Para nosotros el Pindo figura en todos los mitos del final del Camino y cada vez más y más peregrinos se sienten atraidos por él, para nosotros forma parte indisoluble de las tradiciones, mitos y leyendas del propio Camino de Santiago. Todo nuestro apoyo y nuestro ánimo en la iniciativa. Un fuerte abrazo, José Antonio de la Riera, Presidente da AGACS Dende a Comisión Rectora da Asociación Monte Pindo Parque Natural agradecen este xesto e agardan e este só sexa o primeiro dos contactos dunha fructífera colaboración mutua.

Novas relacionadas

Máis información

Novas informativas

Fonte

Comentarios