Mércores. 09.10.2024
El tiempo

A apertura do Faro de Lariño está máis preto

A apertura do Faro de Lariño está máis preto
O Faro de Larino xa recibe visitas O entorno do Faro de Larino xa esta desbrozado e adecentado

Outra demostración de que cando a sociedade se pon mans á obra, consegue cousas. Mes e medio dende que a veciñanza de Lariño comezaron a pedir, publicamente a apertura do Faro, a súa recuperación como EcoCentro para o uso e disfrute de veciños e visitantes. E pode que a vindeira semana, os defensores do Faro de Punta Insua teñan na man a súa primeira gran vitoria.

I é que, despois de anunciar a semana pasada que Portos accedeu a abrir o entorno Faro, esta semana operarios da Autoridade Portuaria, coordinados cos propios veciños, xa estiveron en Lariño desbrozando e adecentando o entorno das instalacións do seu faro, de cara á súa próxima apertura.

”O derrubo definitivo do portón e das demais barreiras que ata a data e desde hai anos impiden o acceso ao único faro galego pechado ao público queda entón tan só pendente da sinatura do convenio polo cal o Concello de Carnota, a AAVV Insua de Lariño e a propia Autoridade Portuaria de Vilagarcía, quen xestiona esta instalación, se comprometen a cooperar para o mantemento deste entorno, sinatura que tanto o alcalde Ramón Noceda coma o portavoz veciñal Marcos Rama confían en que poderá realizarse na próxima semana ao ter xa recibido o visto bo de Portos de Galicia”, explican dende a Plataforma Salvemos o Faro de Lariño.

Unha das cuestións pendentes de dilucidar aínda é “a seguridade no entorno”. De feito, esta semana contarán coa visita de expertos de Portos e dunha compañía aseguradora. Tamén, cómpre estudiar outros detalles menores coma se os vehículos poderán acceder ao aparcadoiro ou se ben un bolardo limitará o acceso a pé.

Traballando para conseguir a defitiniva apertura

Noutra orde de cousas, a negociación para a apertura do propio edificio ás actividades veciñais, tal e como se reclama desde a campaña Salvemos o Faro de Lariño, tamén avanza, á vista de que exista a posibilidade de que as prohibitivas condicións de cesión deste tipo de instalacións poida facerse por un canon simbólico cando a solicitude se fai para desenvolver actividades de interese público.
Veciños e concello seguirán afondando nesta posibilidade para que unha mera cuestión monetaria non sexa a que cercene o éxito desta iniciativa transformadora que conta cun únanime respaldo social.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios