Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os veciños de Carnota queren salvar o Faro de Lariño

Os veciños de Carnota queren salvar o Faro de Lariño
Salvemos o Faro de Larino

Fantástica a proposta iniciativa conxunta do Concello de Carnota e a Asociación de Veciños Insua de Lariño, para manter vivo un dos símbolos do concello carnotán. Un Faro de Lariño que lamentablemente está caéndose en anacos, e dende aló esixen ás administracións competentes que o arranxen e llo cedan aos veciños, para o seu uso.

Temos un exemplo de como recuperar a vida dun Faro, como é o Vilán a través dos empresarios. Aquí en Lariño, é o tecido asociativo o que propón un plan de dinamización deste simbólico espazo, propoñendo a creación dun “Eco-Centro”. Polo de pronto, a campaña Salvemos o Faro xa inclúe unha colleita de sinaturas, para enviallas á Autoridade Portuaria, así que non dubides en pasar a asinar.

Un século de historia

Os propios veciños lembran que o Faro de Punta Insua (Lariño, Carnota) ten máis dun século de historia. Algo que non impide que a día de hoxe esmoreza polo abandono. “Un patrimonio común, vencello de mar e terra, negado ao seu pobo para a súa posta en valor e aproveitamento”, critican os membros da asociación.

Sinalan que en 2012 o Concello xa solicitou á Autoridade Portuaria de Vilagarcía (que é quen ten a competencia desta instalación) a cesión do faro ante o seu evidente estado de abandono, coa finalidade de restauralo e destinalo a Eco-Centro. Pero este proxecto foi rexeitado co único argumento de que "as autoridades estaban a estudar que facer cos faros”.

Agora, o movemento social de Lariño move ficha de novo para denunciar a degradación do faro e buscar a súa remodelación e apertura.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios