A Asociación Monte Pindo Parque Natural extende redes a toda Galicia


A I Asemblea Xeral Ordinaria de Socios e Socias da Asociación Monte Pindo Parque Natural desenvolviuse o pasado sábado 10 de novembro no Salón de Actos do Concello de Carnota, co obxecto de fiscalizar o traballo feito durante estes dous anos xustos de existencia da entidade. Unha entidade que quere centrarse na consecución do seu evidente obxectivo principial pero que ás veces aproveita para facer campaña política.
Así e todo, a Asemblea deixou claro todos os apoios cos que conta, que se concentran en máis dun cento de entidades asinantes, traspasando os medos cos que naceron. I é que os precursores tiñan "certo temor a ser etiquetada de localista", pero ao longo da Asemblea comprobouse todo o contrario: "A Asociación Monte Pindo Parque Natural aprobou converterse nunha Asociación de ámbito galego para axeitar o funcionamento á súa dimensión real".
Ademais, a entidade probou solicitar dos organismos competentes a Declaración de Utilidade Pública. Ao tempo, traballará para a creación dun Centro de Interpretación do Monte Pindo e tamén estreitará os lazos co Centro de Interpretación da Fervenza sito na Casa de Pedra do Ézaro.
E unha das cousas máis salientables será a creación dun Programa de voluntariado para a limpeza dos graffitis do Monte Pindo e o establecemento de medidas disuasorias para evitar que se repitan no futuro.
Repaso de actividades e renovación na Rectora
A Asemblea tamén serviu para repasar as actividades realizadas durante estes 2 anos de existencia. Unhas actividades enteiramente financiadas por axudas directas e "nin un só euro de subvencións públicas".
A Asemblea tamén serviu para a renovación parcial da Comisión Rectora (máximo órgano directivo da entidade), pola baixa de Euloxio Franco por defunción e de Ramón Noceda para centrarse nas labores propias da alcaldía carnotá que agora obstenta. As propostas elixidas para cubrir esas vacantes son as de Manolo Souto, profesor no Colexio de Carnota, e Jorge Pérez, un mozo Enxeñeiro de Montes natural do Ézaro.
Artigos relacionados
- Editorial: Monte Pindo: Parque Natural?.
Novas relacionadas
- A historia dos fuxidos no As de Sel.
- As bondades da fala: Pepe do Fieiro: “Dicían os nosos vellos…”.
- Unha bisbarra con Encantos.
Novas sobre a AMPPN
- Recuperando a antoloxía poética do Monte Pindo co crowdfunding.
- “Monte Medulio”, un novo libro sobre o Olimpo Celta.
- Máis de 200 persoas coñeceron mellor os sendeiros do Monte Pindo.
- Luar na Lubre rubrica o seu compromiso co Monte Pindo doando parte da recadación dun concerto.
- Un millar de persoas encontráronse no Monte Pindo.
- Monte Pindo: con vida dende a época romana.
- A #TorredosMouros cambia a forma de facer arqueoloxía.
- A recuperación do Camiño das Peixeiras descobre outro Outeiro das Cacholas.
- Un gran castelo chamado Monte Pindo.