Sábado. 25.06.2022
El tiempo

A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo

A confraría de Lira pide video-vixilancia ante a ondanada de roubos en Portocubelo
Portocubelo-Foto-O Canto da Balea

Denuncia hoxe o Secretario da Confraría de Lira que nos últimos días veñen de producirse, unha vez máis, unha serie de roubos no porto de Lira. Roubos que están a provocar inquedanza e un profundo malestar entre os usuarios do porto carnotán.

Os roubos na zona portuaria de Portocubelo, desgraciadamente, están a convertirse nos últimos anos en algo frecuente e consisten na desaparición de aparellos (redes e sobre todo de nasas do polbo) aínda que tamén se ten dado a desaparición de equipamentos electrónicos das embarcacións fondeadas na dársena e mesmo de marisco fondeado (nécora e camarón) e ata intentos de roubo de motores foraborda que foron abortados “in extremis”.
Do mesmo xeito tamén se advirte, habitulalmente, da presenza de vehículos que circulan a velocidades moi elevadas para ser unha zona restrinxida.

Da necesidade da video-vixilancia

Disde a Confraría de Pescadores de Lira tense dirixido en repetidas ocasións a Portos de Galicia para facerlle chegar da necesidade de dotar de cámaras de video-vixianza así como habilitar as barreiras de acceso a zona portuaria, que a pesares de estar instaladas nunca entraron en servizo, e mesmo na actualidade se atopan destrozadas por mór dun accidente de tráfico, máis nunca se tivo resposta as demandas presentadas.

O Patrón Maior da Confraría de Lira, José Antonio Insua Caamaño, fai un chamamento aos responsables de Portos de Galicia para que se tomen as medidas oportunas para evitar que volvan a producirse tales circunstancias e ponse a disposición para colaborar, na medida do posible, ofrecendo parte do equipamento de seguridade que dispón para as instalacións da confraría para o servizo de control e vixianza na zona portuaria.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Confraría de Lira.

comentarios