Sábado. 15.08.2020
El tiempo

A Costa da Morte copa as nominacións aos Premios María Casares

A Costa da Morte copa as nominacións aos Premios María Casares
Miguel de Lira, Santi Romay e César Cambeiro optan ao Mellor Actor dos Maria Casares 2017 Miguel de Lira, Santi Romay e César Cambeiro optan ao Premio de Mellor Actor dos María Casares 2017

Se temos dúas figuras nominadas para os MestreMateo17, a presencia nos premios do teatro galego será máior. A Academia de Actrices e Actores de Galicia vén de publicar a lista de nominados para os XXI Premios María Casares 2017, e teremos unha presencia máis nutrida.

Os gañadores coñeceranse na gran festa do teatro galego do vindeiro mércores 29 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Polo de pronto, paladearemos as nominacións costeiras.

De feito, as dúas obras máis nominadas teñen un marcado acento costeiros: “O tolleito de Inishmann”, coprodución de Contraproducións e o FIOT Carballo, e co malpicán Santi Romay entre os protagonistas, converteuse neste 2017 na produción con maior número de finalistas ao obter un total de 11 nomeacións. Pola súa banda, “Eroski Paraíso”, de Chévere, con Miguel de Lira facendo de todo, aspira a 8 galardóns. Ademais, “Foucellas”, da compañía costeira Talía Teatro, competirá en 3 categorías.

Afiando un pouco congratulámonos ao saber que o Mellor Actor Principal será, seguro, da Costa da Morte. Ao premio optan os carnotáns César Cambeiro (de Caldebarcos), por Tartufo (do Centro Dramático Galego) e Miguel de Lira (Eroski Paraíso de Chévere) e o malpicán Santi Romay, polo seu papel como Tolleito.

O ceense Dani Trillo (este home fai de todo), aspira á Mellor Escenografía por Foucellas, de Talía Teatro. A obra costeira tamén opta á Mellor Iluminación da man de Afonso Castro (que repita en O Tolleito de Inisgmaan) e a Mellor Música Orixinal feita por Manuel Riveiro.

En música tamén temos presencia costeira, pois a banda sonora de Eroski Paraíso foi feita polos muradáns Terbutalina e tamén opta ao galardón.

Ademais, a ceense Martina Cambeiro opta á Mellor Maquillaxe polo propio Tolleito de Inishmaan.

Estaremos atentos porque parece que este ano a Gala vai ter un marcado acento costeiro.

Foto de familia dos nominados aos María Casares 2017-Foto-LaDiapo/AAAG Foto de familia dos nominados aos María Casares 2017-Foto-LaDiapo/AAAG

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas audiovisuaus

Fonte

comentarios